ALTRI NON

Industrialización para acabar co emprendimento.

Lugo. 27/04/24. 

 


 

 

Non vexo moito a tele. O outro día necesitaba despinchar, e no lugar onde estaba non había outra opción que as canles convencionais. Estiven vendo un  programa en TVG. "Soño Contigo", presentado por Alba Mandebo. No que se amosan diferentes recunchos preciosos da xeografí­a de Galicia gracias o vuelo dun dron. E nos que se charla ademais coa xente dos lugares visitados. Vese todo a vista de paxaro. Hoxe, a  Iglexa e o cementerio de Santa Mariña Dozo  «El más melancólico camposanto del mundo»  din que dixo  Alvaro Cunqueiro. A vista de dron se ten unha perspectiva diferente. É o máis parecido a un paxaro. Non como as imaxes de helicóptero veloces e a gran altitude. De este outro xeito se perciben mellor e con máis pausa os detalles. E a verdade, nese programa amósanse doutro xeito  as  comarcas de  Galicia.  Disfrutei desas marabillosas perspectivas de capelas, vilas rodeadas de prados verdes, e a xente. A descripción da presentadora céntrase no etnográfico,  nas Igrexas, casas grandes, e pazos. 

A sorpresa foi grande, a novedade leva a velas cousas de xeito distinto. Agardaba que todo estivese salpicado de bollullos ou bosques de Carballos, Castiros, freixos... frutais.... Pero arredor de tódolos lugares visitados, ( cando menos neste programa)  vense unhas masas forestais verde oscuro, que o impregnan todo. Que o invaden todo.. Son as prantacións de  eucaliptos que chegan a todas partes.

( Dentro música) 

Falando de Cunqueiro. Din que paseaba pola contorna de Mondoñedo. As míticas Terra de Miranda, onde  Don Álvaro localiza a narración de Merlín e familia , é un espazo a cabalo entre o literario e o real. Cunqueiro foi un home viaxeiro e gastrónomo e, de feito, a arte culinaria galega foi unha paixón á que lle dedicou moitas páxinas da súa obra.  ¿Cunqueiro poderí­a pasear hoxe por eses montes, por exemplo,  en Mondoñedo?. Non. A aplaudida presidenta Ayuso en troques,  sí.  Gusta de pasear  “entre eucaliptos”, di. E a aplauden. Entendo que lle encante esto a alguén con unha capacidade innata de repetir e relacionar conceptos, como o cambio climático e o comunismo, covid e a inmigración, comunismo ou liberdade, etc, pero eu non son antropólogo e non son capaz de analizar este tipo de comportamento do ser humano. Para pasear  terá que ir por pistas abertas, con rodadas de camión, e pasando entre maquinaria industrial e os camións que sacan a madeira desas plantacións, que están a outra escala. Non hai moita variedade de flora, e a fauna, terá que fuxir se non quere verse atropelada por algunha pinza ou Cabezal Talador de cizalla Woodcracker C  que leva uns cabezaiss de corte moi eficientes para a tala de árbores e arbustos. 

 

Debo falar de ALTRI, e para entender o que está a pasar, hai que entender o contexto no que aparece.

En Galicia temos Terras fértiles e auga. Se sacamos materia da transformación da madeira e plantamos árbores de crecemento rápido…¡Bingo!  Temos ouro. 

Despois da Guerra ( Civil). A necesidade, a miseria do país, require de solucións rápidas. (Parecido o que pasou co negocio da venda mascarillas tan de actualidade)  aparecen novas ideas e oportunidades de negocio en situacións límite. Os grandes especialistas  en materia económica  do dictador Franco. Crean o P.F.E. Patrimonio Forestal do Estado. Declarando o forestal, ben de interese estratéxico e  procedendo, a expropiación de terreos  forestais. Igual que a día de hoxe, según declara,  podería actúar un presidente democrático, como Rueda: 

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2022/12/29/xunta-declara-interes-estrategico-planta-fibras-textiles-altri-palas-rei/00031672319546310935680.htm

 

https://www.elprogreso.es/articulo/ulloa-melide/rueda-mantiene-apoyo-altri-carga-opositores/202403220745461741394.html

 

Comeza a tala do bosque autóctono, fan desaparecer gran parte, do patrimonio natural. para destinalo ó cultivo de eucalipto. Ou cando menos sustituír as frondosas por pino. Todo isto ata o día de hoxe. Así­ comeza todo. Constrúen ENCE que é unha fábica, celulosa, de papel.

¿Houbo oposición popular?, sí.

 ¿Eran acaso comunistas?

 non podían, estaban escapando 

¿os do bloque? Imposible, eran inimaxinables e estamos en dictadura non había partidos políticos nin sindicatos democráticos

 Os que se manifestaron  eran, entre outros os veciños, as mariscadoras,  que viron como se viña abaixo o seu modo de vida. Xusto ENCE,  caía nunha ría das máis fermosas, xusto xusto na zona na que mariscaban na ría de Pontevedra. Para aplacar esta tremenda e inxustificada ira de mariscadoras e xente defendendo o seu modo de vida, trouxeron  incluso, reclutas de Marín.

 

https://www.youtube.com/watch?v=7qzHghgRvM0&t=2926s

 

Evidentemente, como tantas outras cousas esto non saíu no NODO.

 ENCE, non chegou por aclamación popular, chega,  por unha decisión dos que mandan e mandaban moito. Eles sempre son os que  saben e convén a inculta, despistada e vaga poboación da postguerra. E gracias a este particular paternalismo e co poder que lle da o poder mesmo;  aplican o rodillo. Constrúese a planta e inaugúrase o 12 de Setembro de 1963 con dous anos de retraso, din que por cuestións de axenda do dictador, que rodeado de escoltas con metralletas con gran afluencia de público e os traballadores da empresa, chegou cortou a cinta, discurso e fora,.. Os tecnócratas, os empresarios e amigos supoño, se frotan as maos Tanta madeira se necesita, que se facilita e promove a plantación de eucalipto por todas partes de Galicia. O NODO, é curioso,  informa de que esta factoría, ía ser alimentada nun principio por pino negro. Comeza así­, o cambio de cor do verde intenso galego, polo verdegris do eucalipto. E a  actividade do sector primario en Galicia evoluciona. Este é o sector productivo  polo que se aposta.

ENCE necesita man de obra, e eucaliptos, a necesita para que a factorí­a funcione. A súa influencia e cheiro, traspasa as comarcas e se alimenta con apetito feroz de madeira de rápido crecemento e rendimento a curto prazo. Os seus directivos, como calquera empresa, buscan obter beneficios. A súa influencia e poder chega ó máis profundo dos estamentos autonómicos e do estado, e se demostra despois, en democracia, saíndo airosa e permanecendo a pesar das sentencias por contaminación da rí­a, lei de costas, etc  Aguantar emprendendo una estratexia basada en comprar vontades.

Hay exemplos de esa eficaz presión, Feijó no seu mandato, 2009-2012 "olvida" cumplir a promesa de traslado da factoría ou forzando ocambio de leyes como a de Costas ( Arias Cañete) e do Cambio Climático, 

Aparecen as portas xiratorias con trasiego de varios ex-cargos públicos,  entre eles unha ex-ministra (Tocino)  e un ex-conselleiro de medio ambiente con Fraga.( del Alamo) 

( No caso de ALTRI; a exconselleira de Medioambiente de Feijo, Beatriz Mato. Está no Consello de administración de Greenalia.  (Greenfiber: Altri+Greenalia))

ENCE, xa non é unha industria. Cos seus tentáculos accede a todo para obter o seu beneficio.  E un ente industrial vivo, como un corazón xigante que palpita na ría….patrocina deporte na ría, contrata publicidade en tódalas cofradías de pescadores e mariscadoras. Os cartéis nos que se publicita como xestor de monte. “Ponga en nuestras manos su monte. NO tendrá que preocuparse de nada”. Publicidade en medios de comunicación, para mercar madeira. Relacións públicas.

E o mesmo sistema que usou a industria tabaqueira. Era beneficioso para a saude, Era algo normal, é distinguido, o fai todo o mundo, o deporte patrocinado por marcas de tabaco. 

Relacionar tabaco con saúde era o fin.Igual que agora relacionar eucalipto con xestión forestal  que aporta riqueza as persoas e o medio ambiente. Esta manipulación é a clave da continuación do sistema actual.

A plantación de eucalipto, continúa. Anos e anos. Máximo rendimento, mínimo esforzo. Simplificación proceso. Non fai falla ter gran coñecemento técnico. E non fan falla moitos recursos para sacarlle rendabilidade. Calquera que teña un cacho de terra pode facer cartos fácilmente, así que pode participar dos beneficios todo o mundo. Todos están moi agradecidos. Non hai que estudiar moito. O eucalipto, medra por todas partes, un producto sin aporte de calidad, a baixo coste. E ademáis, tendo toda a infraestructura  necesaria D.I.Y.: 

 

1-Non aporta valor... So se planta e tala. Cortar e esperar.

2- Concentración de participantes, é unha canle curta de comercialización, non tes que molestarte en buscar comprador xa o tes, o monopolio de Ence, e a disfrutar da falta de liberdade de mercado. 

3- Man de obra de baixa calificación. Transportistas, madereiros. Así que o círculo se pecha. E o negocio está claro. Xente contenta e agradecida co benefactor.

 

 E o  Mr Marshall, xa é bienvenido, con forma de planta de eucalipto. O ouro verde. Agora  hai que tratar por tódolos medios que o plan perdure.¿Cómo? A calquer prezo.

Aí­nda que está demostrado que o eucalipto é unha especie pirófita, e perxudica o suelo. acaba cos acuí­feros  seguen a plantalos e gastar recursos públicos para apagalos lumes que non dan extinguido.

E non é pola mala xestión das plantacións. Precisamente os que arden con máis facilidade, son as plantacións xestionadas de eucalipto. As outras especies e a vexetación que xeneran o seu redor  non arden con esa facilidade. Pero se trata de vender esa mentira tamén. Nas plantación de eucaliptos non teñen un sustrato fértil. O chan  se erosiona elimina humus e aflora nas zonas profundas. Non ten raíces que o sustenten e se erosiona. E un chan ácido, baixo eles non medran especies de valor. A terra onde houbo eucaliptos non vale para outra cousa. Hai que rexenerala. E Galicia está infestada, levamos xa case un século facendo isto. Pan para hoxe.. 

 

https://www.lavanguardia.com/vida/20171019/432157474162/industria-fuego-galicia-xabier-vazquez-pumarino.html

 

https://www.diariovasco.com/bajo-deba/eibar/eucalipto-dana-suelos-20210502212455-ntvo.html?ref=https%3A%2F%2Fwww.diariovasco.com%2Fbajo-deba%2Feibar%2Feucalipto-dana-suelos-20210502212455-ntvo.html

 

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2010/06/12/joaquin-araujo-eucalipto-metafora-sociedad-17837303.html

 

En canto á instalación, de empresas que continúan co negocio, teñen aliados. Os polí­ticos, con responsabilidade de goberno, algúns medios de comunicación, e os grandes empresarios de hoxe alíanse para manter o sistema. Son os responsables. de esta continua mentira. Por cobiza. Continuar con esta fórmula que tan bo resultado deu no pasado. Hoxe xa nun contexto democrático. Faise cunha normativa, publicacións oficiais, e con informes de todo tipo. Pero as artimañas están ahí. Reducindo os prazos. Ou dando o visto bo, os DIA. Contratando personal extra na Xunta para sacar adiante de forma favorable e dentro dos plazos os informes para que os proxectos non queden atrás pola via administrativa. E evidentemente alixeirando as trabas. E incluso recurrindo co diñeiro de todos,  as sentencias das denuncias presentadas en moitos casos por agrupacións veciñáis ou ecoloxistas en contra da implantación de “ENCES”,  “parques” eólicos, etc,  se é necesario. Os gobernantes, que deberan protexer os máis vulnerables, activan os resortes para favorecer os máis fortes. E son parte neste tipo de cuestións, cousa que debe ser a miña inxenuidade, e non deixa de sorprenderme. 

Cando traballaba para a tvg no programa Comarcas, debía ser o ano 93, estabase a construir a N-120. Lembro casos de algúns veciños de Os Peares. Lamentándose, e buscando que se fixera eco da súa inxusta situación.Toda a vida vivindo alí, na confluencia do Sil e o Miño, e por alí arriba, por unha ponte, un inxeñeiro decidiu que  pasaría a estrada. E nin siquera os iban a expropiar, que seria o mal menor. A nova carretera que uniría Lugo e Ourense, pasando por Monforte pasa por riba da súa familia E qué fixo esta veciña para que agora a carretera pase o por riba fa súa casa? Nin siquera ian ser expropiados. O seu pecado, nacer, vivir, traballar e criar a súa prole nos Peares. Xusto a catro metros da ponte. T

O resto d súa vida escoitarían retiumbar todo tipo de vehículos sobre a seu fogar…. E eu me preguntaba, non hai alternativa?

 Volvemos o tema.¿Pero non hai alternativas? ¿As cousas son así, porque teñen que ser así­? Non se pode empregar todos eses cartos que van a aportar para financiar a mega empresas ( que un día dirán “ahí vos quedades facemos un ERTE se siente”) , en promover e dinamizar  o  emprendimento dos habitantes das comarcas. 

 

https://ctxt.es/es/20180214/Politica/17790/Portugal-Tajo-contaminacion-lucha-papeleras.htm?fbclid=IwZXh0bgNhZW0CMTEAAR3ciw54vX3G9F-Qwz_Gjgah8uA9ryKDtRiFzExzUi0J923_U43NaclgTms_aem_AR9O1IWkY3IRNS_5DKHs7J-4Ewf-KvhFaFq0oazhYZ-TlwYWB-rqUYO_Am1aqq59ojFoUeMZ9-zLRttDixGqRHjo

 

https://orballo.eu/alternativa-al-eucalipto/

 

Temos as terras máis fértiles da pení­nsula, hai alternativas no sector primario. ¿As apoiamos, como é debido?  Hai medo, Medo a que  a xente por si mesma sexa capaz de crear riqueza.  A que teña capacidade de reflexión e acción, xente con obxectivos, que busca alternativas e ten iniciativa. Xente independente, sen ataduras. Con capacidade de autoxestión. E por riba apegados á terra. E traballando en equilibrio co entorno.  E a administración detrás botando unha man. Pero ese non é o modelo que se persigue. Non, non queren ese tipo de xente.

Xa existen na Ulloa moitísimos exemplos de empresa e emprendedores. Non é a Ulloa unha comarca deprimida precisamente. Seino por experiencia personal. 

 Non ten máis paro que outras comarcas. Existen xa na Ulloa empresas, que teñen repercusión a nivel nacional. ( Pazo de Vilane) 

¿Qué vai pasar con eles?. Ese producto, con etiqueta ecolóxica seguirá sendo o mesmo con unha chimenea de 70m  a un, dous, tres, catro .km. botando vapor químico)  Por non falar dos pastos, que alimentan ás vacas de arqueixal, ou os establecementos de turismo rural. que estarán ahí, ¿ofertando qué? Turismo industrial, como dixeron que fan na fábrica de ALTRI en Portugal.  Non nos tomen o pelo.  Esta é xente que leva décadas sobrevivindo, creando emprego ( e por certo moitas veces sen atopar man de obra). Cando  agora parece que todo o mundo vai querer traballar en ALTRI.

¿ Por qué ese interés en ALTRI? ¿ Por qué outra vez o eucalipto e derivados?  ¿Por qué se disfraza de producción verde unha industria de celulosa? Hai que reconvertir estas empresas por algun motivo? ¿ Non se merca papel?¿ Por qué non se empregan estes cartos, ou capacidade de financiación, de todos nos,  nestas comarcas apoyando os emprendedores? ¿Por qué tanto empeño en instaurar esa industria portuguesa, con antecedentes de contaminación ambiental?,  ¿son capaces de soltar cartos de todos? ¿Non foi dabondo con ENCE?

 

https://www.eldiario.es/galicia/rueda-abre-puerta-financiar-macrocelulosa-altri-fondos-xunta_1_11314575.html

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2024/04/24/rueda-cuestiona-gobierno-evitara-financiar-proyecto-altri-fondos-europeos/00031713956337045519104.htm

 

https://www.economiadigital.es/galicia/empresas/la-xunta-dispuesta-a-cofinanciar-la-planta-de-altri-en-palas-de-rei.html

 

Retorcendo a lexislación, modificando a normativa, poñen medios para axilizar trámites.,  reducindo prazos de alegacións, o mínimo legal. Non informando. 

Como se esta a facer cos parques eólicos. Para coller co pe cambiado a todos. ( Os ecoloxistas ainda estan vendo por onde lles veñen os tiros, ¿cómo se van poñer en contra da suposta enerxí­a limpa?. Resultado, non hai límite, nin aves, nin montes, nin paisaxe. 

Se hai vento e 500m de distancia, “ macro parque” eólico 200m de alto. Muiños que non moen. Destrozan os horizontes. 

E o argumento ese,  de que a xente emigrará se non hai industria?. Outro mantra como o da xestión do monte. Como as fake news. Repetilo faino verdade. A nova comunicación. 

Cando é este sistema o que fai augas por todos lados,, o que defenden os que levan gobernando lustros en Galicia,  é o que está a provocar baixos I­ndices de desarrollo económico  no rural gallego xa provocaron un éxodo, que retroalimenta a cadena. 

O Monocultivo dunha especie que aporta pouco valor. Facilita a migración de la población, máis monocultivo para ocupar os espacios abandonados, e con potencial para cultivo, máis empobrecimiento do rural, mayor migración. 

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2022/12/11/estudio-revela-exodo-jovenes-zonas-rurales-ira/0003_202212M11C1991.htm

 

Se poden imaxinar,  que vai supoñer dende o punto de vista da paisaxe da preciosa comarca da Ulloa, ademáis das plantacións de eucaliptos que xa están por todas partes, ( e as que están por chegar) Ese ruido. E cheiro, que según de donde veña o vento chegará a Lugo non se apuren. E todo isto no tramo final, do tan  promocionado, Camiño de Santiago. 

A entrada en xogo de Altri na Ulloa non é casual, nin aparece de maneira espontánea. E o resultado de todo isto, e o que está por vir. A calor dos fondos Next Generation e o plan de reactivación económica pos Covid. Ë un plan que leva planeándose desde hai tempo e que se materializou definitivamente nun escenario financeiro potencialmente favorable Un escenario de inseguridade no sector da celulosa que estimulou novas perspectivas. 

Chaman bosques o que realmente son plantacións.  Usemos polo menos ben a linguaxe.

Yulia Navalnaya viuva del opositor ruso Navalny, dixo ante o Parlamento Europeo: "Se queredes vencer a Putin tendes que ser creativos y deixar de ser aburridos". Esta frase, pronunciada nese contexto tan dramático ten un valor adicional. Non se está a actuar con intelixencia, e menos con imaxinación. Non somos creativos. Tampouco actuamos ( non sei por qué uso a primeira persona do plural agora) . O fácil é montar eses monstruos en calquer parte, e decir que crean emprego.  O difícil, con políticos e gobernantes incapaces, é crear emprego mantendo o entorno no que se produce e conservando a riqueza das comarcas. 

Falemos coa xente da Ulloa. Busquemos alternativas, para facer que a súa actividade sexa aínda máis sostible. Hai comarcas noutros países nos que están a funcionar, busquemos. Falemos  coa xente que emprende na Ulloa, neste caso co abrigo do Camiño de Santiago. 

É ridículo que o percorrido  ( como xa pasa) e que o percorrido vaia entre autovías, parques eólicos e ALTRIS ¿ Para eso tanta matraca, inauguracións, promoción, inversións, o pobre Fraga facendo centos, miles, millóns de kilómetros en coche oficial, para inaugurar eventos, albergues, pistas, centros de información do Camiño… ( con fondos europeos e dos outros) .Para esto tanto Pelegrín e Xacobeos? ¿Tivemos que aguantar a Julio Iglesias,  Juan Pardo, agora a Xoel López para isto?  ,

E xa se sabe, canto posto de traballo creará.  ¿Saben ou, mellor, pensaron  nos que se van perder? Pensaron  no que significa para a comarca e para Galicia, seguir apostando por ese tipo de actividade industrial, ligada ó eucalipto? Ninguén é capaz de intentar cambiar iso. Non somos suficientemente maduros, non hai experiencia, universidades, científicos, sabios, paz….. Nin siquera os que demostran que xa o son. Saben o que significa facelas cousas por un mesmos coas súas propias mans? Non interesa que sexamos indenpendentes ( non se asusten refírome a autónomos no económico) Intentando ou conseguindo  estar en equilibrio co entorno? Non, porque nos gobernan xestores, burócratas e interesados.. Sabemos o que é un emprendedor. Ou nos acostumbran a depender da subvención, para logo, zasca! quitarla ou amenazar con quitarla. É como quedarse nun estado de vida, latente-dependente. Queren que nos comportemos como  Triops, que son  artrópodos da clase de los branquiópodos, os seus ovos se quedan nunha charca anos, latentes. Pero sin eclosionar. Igual.

 Hai moitos emprendedores e emprendedoras que están a invertir os seus cartos e  vida nestes proxectos que xa son realidades. Mentres algúns están nos seus despachos. 

.Para qué se traen a os representantes da economía  liberal madrileña, convidados  ós mítines. Os máximos representantes desa teoría dende Aznar, hasta Ayuso, para restregar o liberalismo. E simplemente teatro.

Hai moita incompetencia, neglixencia, ou é cobiza, intereses creados, corrupción, tráfico de influencias… sigo? falta de formación, de visión de futuro,  portas xiratorias… 

Son moitas familias, que viven lonxe do asfalto, sí. Poden facelo. E xa teñen unha vida alí. Traballan nese entorno.. E agora os de aquí, paternalistas como si fosemos a metrópoli, levamos   un invento novo, INDUSTRIALIZACIÓN, con  asfalto, cheiro, ruido civilización  e progreso, un progreso  do tamaño de Santiago de Compostela nada menos.  Expropiamos o que faga falla o declaramos de interese xeral, recurrimos as sentencias, se se producen en contra da súa construcción. Non so non contamina, senón que Serán capaces de declaralo  Reserva da Biosfera de tan beneficioso que parece.  Inventamos un novo colonialismo de interior con empresas do exterior, bravo . So un pequeno empresario, agricultor ou gandeiro na Ulloa,  tirando para adiante, pagando impostos, emrprendendo, arriscando a súa vida, fai máis país, levando o nome de Galicia gracias os seus productos e servizos, que todos os que dende o seu sillón, defenden políticas  liberais que logo non siguen.. Miren, vale máis iso, esa é a filosofía,  que todas as lexislaturas xuntas de maiorías absolutas perdidas lustros e lustros, facendo de Galicia unha ridícula potencia eólica sen horizontes e forestal incendiaria e matando o chan. Para subvencionar e facer dependentes a xente con  macroindustrias modernas pero seguindo os modelos dos séculos pasados.. Vento e eucalipto. Portas xiratorias e cobiza.  Leo agora, que van xa 20000 alegacións en contra. 

 

https://www.nosdiario.gal/articulo/economia/colexio-arquitectos-da-galiza-presenta-alegacions/20240419113626195872.html

© Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Volver

Xosé Saqués

Ilustador y escenógrafo

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.